OS XARDÍNS DA ALAMEDA DE REDONDELA VOLVERÁN A ACOLLER A EDICIÓN 2024 DA FEIRA DE OPORTUNIDADES
Máis dunha trintena de establecementos acuden a cita anual deste evento que ten como protagonistas ao comercios de Redondela.
Ver actividades da Feira de Oportunidades.
Dende
o ano 2011 a Asociación de Empresarios de Redondela ven organizando un evento
anual único para o comercio de Redondela. Baixo o formato de Feira de
Oportunidades os comercios da localidade danse cita nun ambiente festivo e de
convivencia. Dúas xornadas completas en horario continuado durante dous días
seguidos son unha experiencia para compartir xuntos e unidos e romper coa
dinámica diaria na que cada un está diariamente no seu establecemento cos seus
clientes para transformar Redondela nun gran espazo comercial para compartir
cos clientes de todos e invitar a outros moitos que aínda que de forma cotiá
non están en Redondela pero que puntualmente se achegan a descubrir as
oportunidades desta extraordinaria cita.
Baixo esta filosofía que une ao comercio local e este ano mirando
ao ceo, a Asociación presentou hoxe a edición 2024. Se o tempo a respecta a
cita será o vindeiro fin de semana 28 e 29 de setembro, pero dende a
organización apostaremos por aprazar o evento en caso que os prognósticos confirmen
chuvia durante a fin de semana.
A
oferta comercial, comprende oportunidades únicas de todas as tempada, xa que se
trata dun evento anual, o comercio liquidará todos os excedentes tanto de
inverno como de verán. Nesta edición os establecementos de moda, roupa, calzado
e complementos suporán máis do 50% da
oferta comercial, pero tamén poderemos encontrar establecementos de moitos
outros sectores.
OS
vehículos tamén teñen un espazo neste eventos con oportunidades exclusivas
durante os días de duración do evento.
Un
dos grandes reclamos amplamente recoñecido pola clientela sobre a oferta
comercial da Feira de Oportunidades son as grandes marcas do comercio local e a
súa garantía de autenticidade. Os comerciantes ven na feira unha oportunidade
para lanzar o mercado as prendas que quedaron sen vender durante a pasada
temporada de inverno e de verán.
Espazo
infantil.
Un
clásico na feira de oportunidades é a gran cantidade de xogos e espazos
infantís que se despregan por toda a Feira. Poderemos atoparnos con espazos de
xogos libres, inchables, talleres e sobre todo o servizo de gardería que
permite deixar aos máis pequenos ao coidade de monitores de ocio profesionais.
Nesta
edición daranse cita 31 establecementos.
AGRO
REDONDELA | Agro |
ANAQUEL
GOURMET | Alimentación |
AS TUAS COUSAS | Roupa |
AZUL BY QUELA | Moda |
BURBULLA
ARTESANÍA | Complementos e agasallos |
CANELITA
SHOES & CO | Roupa |
COCO&COLET | Roupa |
COMO AGUA DE
MAYO | Roupa |
CS82 URBAN
STYLE | Roupa |
DOBLE L | Calzado (solo sábado ) |
DONNA BELLA | Roupa |
EL RINCÓN DE
PATRI | Roupa Infantil |
HIPERCALZADOS
RAUL | Calzado |
ISHOP | Roupa |
KE CRUZ | Roupa e calzado |
KOQUETA | Lencería |
LAS COSITAS
DE ROUSS | Roupa e complementos |
LENCERÍA LISI | Lencería e roupa infantil |
MANDAMAMÁ | Calzado infantil |
MERCERÍA
XEITOSIÑA | Mercería |
MÁS QUENIÑOS | Lencería e roupa infantil |
OS TRAPIÑOS
DE LOLA | Roupa |
PANADERÍA
LUISA | Alimentación |
PEQUECHOS 13 | Puericultura |
REGGIO | Roupa |
SUSUELA | Roupa e calzado deportivo |
TALLERES
CRESPO | Vehículos |
VERTICALIA | Roupa de traballo |
ZIBORIS NEW | Complementos e agasallos |
VICHY TELAS | Tecidos |
CELESTHADAS | Xoguetes |