Presentacion_Packaging_Web.png

PACKAGING CO SELO ECO PARA OS AGASALLOS DE NADAL EN REDONDELA.

A campaña de eco-packaging de nadal posta en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela supón a distribución de mais de 10.000 bolsas, sobres de agasallo, etiquetas e outros elementos para o empaquetado das compras de Nadal.

Desde a Asociación de Empresarios de Redondela lembran que mentres as grandes superficies están a cobrar á clientela tanto por bolsas como por sobres de agasallo, os pequenos comercios seguen ofrecendo o servizo de empaquetado de forma gratuíta e ademais, grazas ao apoio da Xunta de Galicia ao Centro Comercial Aberto de Redondela, ademais coa garantía de ser un empaquetado ecolóxico elaborado con produtos reciclados, impresos con tintas ecolóxicas e totalmente biodegradables.

Durante esta semana estase a realizar a distribución do material entre os comercios asociados consistente en bolsas, sobres de agasallo de distintos tamaños, etiquetas decorativas co mensaxe de Bo Nadal e pegatinas.

O comercio de Redondela mostra así unha imaxe comercial unificada cunha estética común e única de Redondela que distingue ao comercio local comprometido e aliñado cos compromisos de coidado do medioambiente.