PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA BLACK FRIDAY EN REDONDELA.
O prendido das luces de Nadal de Redondela realizarase o venres 27 coincidindo coa campaña comercial do Black Friday. Os comercios de Redondela preparan grandes descontos para os días 27 e 28 de novembro.
Os descontos do pequeno comercio
serán este ano máis grandes que nunca. A piques de pechar un ano sen
precedentes o pequeno comercio acelera a súa estratexia de descontos nesta
datas. A Asociación de Empresarios de Redondela
coordina a posta en marcha dunha campaña de Black Friday na que se están a preparar
grandes promocións para os días 27 e 28 de novembro. Nesta edición a campaña
durará dous días para evitar aglomeracións e garantir espazos de compra
seguros. Un ano máis faise coincidir o
acendido da iluminación de Nadal grazas a colaboración do Concello de Redondela
con esta campaña comercial posta en marcha pola Asociación de Empresarios de
Redondela para que estas xornadas de compra se realicen nun entorno comercial
mais fermoso grazas as decoracións e iluminacións de Nadal Adicionalmente a Asociación de
Empresarios de Redondela, xunto ao seu socio tecnolóxico Comprar en Galicia,
están a traballar intensamente co comercio local para que a clientela tamén
poida acceder a través do marketplace local Comprar
en Redondela a maior oferta posible de produtos. Coa plataforma de venda plenamente
operativa e superada a fase de formación e aprendizaxe das ferramentas de
xestión da plataforma é a queda dos comercios para que comecen a subir os seus
produtos para que o cliente poida ver, elixir, comprar ou achegarse a tenda coa
decisión tomada para que o proceso de compra presencial se poida realizar de
forma rápida e segura.