IMG_20240315_133859.png

PRESENTACIÓN DO CONCURSO DE BANDA DESEÑADA E DA CAMPAÑA DO DÍA DO PAI

A Banda Deseñada convértese na protagonista dun novo ciclo de campañas de dinamización dos negocios locais de datas ou períodos comerciais cos que a asociación de empresarios de redondela busca unha maior vinculación e familiaridade da poboación moza co comercio local.

Así coa posta en marcha da campaña do día do Pai arranca este novo ciclo de Campañas de promoción comercial en datas ou períodos comerciais que se estenderá ata o mes de maio co día da Nai e da Familia, pasando pola campaña de Pascua.

 

A través do marketplace da Asociación e con promoción en redes sociais a Asociación contribúe a promoción da oferta comercial especial para cada unha das campaña con ideas e suxestións para acertar cos agasallos propios destas datas.

 

Pero ademais, xirando todas en torno ao concepto de familia a Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha un singular concurso de Banda Deseñada. A bases do concurso establecen que os protagonistas das historia de banda deseñada serán heroes ou heroínas inspirados en membros das familias. Así pais, nais, avós, avoas, madriñas, padriños, irmás, irmáns e un longo etc, ou incluso mascotas serán protagonistas das historias contadas polos mais pequenos. Para participar no concurso haberá que ter entre 3 e 12 anos. Nos establecementos asociados colaboradores poderanse recoller as plantillas nas que realizar os proxectos de banda deseña e tamén serán punto de entrega dos traballos que se presenten a concurso. Os coles tamén se poderán sumar a esta iniciativa distribuíndo o material entre o alumnado ou implicándose nel como proxecto educativo.

 

Outro aspecto que desde a Asociación queremos destacar é que, a través deste concurso procuramos o fomento do uso da lingua galega e da creatividade da poboación máis nova. 

 

O concurso conta cun espazo web específico no que se poden consultar as bases do concurso e descargar todo o material da campaña. https://www.empresasredondela.gal/noticias/concurso-de-banda-desenada