PROCEDEMENTOS SANCIONADORES: PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN RELACIÓN CON ILLAMENTOS E CORENTENAS
Resumo Procedementos Sancionadores
A falta de cumprimento voluntario do illamento ou da corentena nos termos indicados, supón un risco para a saúde de terceiras persoas á vez que dificulta o control da propagación da enfermidade.
Sancións por incumprimento da obriga de corentena, da obriga de corentena no caso de resultar persoa positiva, na obriga de illamento ou incumprimento da obriga de colaboración coas autoridades sanitarias na investigación de casos de COVID-19.
- De 3.005,07 a 6.010,12 euros, en grao mínimo.
- De 6.010,13 a 10.517,71 euros, en grao medio.
- De 10.517,72 a 15.025,30 euros, en grao máximo.
No caso de que se aprecie a produción de alteración, danos ou riscos sanitarios graves,
a infracción será considerada como moi grave. Nestes casos, poderase propoñer a sanción moi grave no seu grao medio, ou máximo, valorando as circunstancias do caso que será de 15.025,31 a 120.202,42 euros.