PROGRAMA BONO ENERXÍA PEME
RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021 (código de procedemento IN417Z).
AMPLIACIÓN DOS PRAZOS DE SOLICITUDE, EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN - BONO ENERXÍA PEME
ENTIDADES E PERSOAS BENEFICIARIAS
- Comercio por xunto e polo miúdo, divisións de 45 a 47 incluídas:
45. Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas
46. Comercio por xunto e intermediarios do comercio, excepto de vehículos de motor e motocicletas.
47. Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e motocicletas.
- Hostalaría, divisións de 55 a 56 incluídas:
55. Servizos de aloxamento.
56. Servizos de comida e bebida.
- Actividades artísticas, recreativas e de entretemento, divisións de 90 a 93 incluídas.
90. Actividades de creación, artísticas e espectáculo.
91. Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais.
92. Actividades de xogos de azar e apostas.
93. Actividades deportivas, recreativas e de entretemento.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
- Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores).
- Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
- Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garanta unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
- Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Deberá xustificarse a retirada do equipamento existente e a súa entrega a un xestor autorizado.
- Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida inclúe exclusivamente as instalacións fixas con potencia superior a 5 kW destinadas á climatización, ventilación e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento; quedan fóra do seu ámbito os equipamentos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Inclúense equipamentos de xeración que teñan unha cualificación enerxética B ou superior (cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar); tamén serán subvencionables a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, e a mellora dos illamentos, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control (sistemas de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, billas economizadoras accionadas mediante infravermellos e outros).
- Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
- A realización do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.
CONTÍA DA AXUDA
- A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
- Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.
- O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais; de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea; de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 20.000 euros para empresas do sector agrícola.
- En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
- O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 14 de abril de 2021 e rematará o 30 de xuño de 2021.