Programa Bono Nova Oportunidade das persoas autónomas
Data de inicio solicitude: 04 de febreiro de 2020
Data de remate solicitude: 03 de abril de 2020
Obxecto
A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto establecer a concesión
de axudas do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, no ámbito
da Comunidade Autónoma de Galicia.
Características da axuda
A axuda establecida neste programa consistirá en:
a) Bono apoio: concederase unha axuda de 3.000 € ás persoas que estivesen
máis de 6 meses seguidos inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do
Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no
Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime
especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio
profesional para persoas que se deron de alta no 2018 antes da entrada en vigor
desta orde do 2020.
b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 2.000 €
para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas seguintes materias:
formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou
sobre materias que teñan relación directa co negocio que se vai emprender e así
se xustifique.
A axuda máxima total será de 5.000 €.
A Rede de Mentoring do Igape poderá colaborar coas persoas beneficiarias
desta axuda na mellor definición do seu novo emprendemento, en función dos seus
criterios organizativos.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas que se dean de alta
no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro
réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de
colexio profesional no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018 e
cesaran con anterioridade na súa actividade causando baixa na Seguridade Social
ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE)
por causas económicas e cumpran os demais requisitos na data da solicitude ou
data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa
se desen de alta antes da solicitude.