2-PORTADA-SECUNDARIA.jpg

PROGRAMA D E AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA DAS TERRAZAS E ADQUSICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO NO DOMICILIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade doAcordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudaspara a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementosde hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado eempaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo FondoEuropeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FederGalicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencianon competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E)

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade doAcordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudaspara a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementosde hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado eempaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo FondoEuropeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo FederGalicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencianon competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E)




Contía da axuda

A contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun investimento subvencionable mínimo por solicitude de 1.500 €. 

  • Para as actuacións previstas no artigo 6.2.a) o investimento máximo subvencionable será de 14.000 €.
  • Para as actuacións previstas no artigo 6.2.b) o investimento máximo subvencionable será de 7.000 €.
  • Para as actuacións previstas no artigo 6.2.c) o investimento máximo subvencionable será de 4.000 €.

A natureza desta subvención xustifica realizar pagamentos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes a ela de ata un 50 % da subvención concedida.



Entidades beneficiarias

As pequenas e medianas empresas (pemes)  calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.


Desenvolveren a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo, dentro do sector da hostalaría e restauración, nomeadamente, restaurantes, cafetarías, bares e salóns de banquetes, cumprindo os requisitos establecidos legalmente para exercer a dita actividade. 


Epígrafes do IAE subvencionables.

Agrupación 67. Servizo de alimentación.

– GRUPO 671. SERVIZOS EN RESTAURANTES.

Epígrafe 671.1. De cinco garfos.

Epígrafe 671.2. De catro garfos.

Epígrafe 671.3. De tres garfos.

Epígrafe 671.4. De dous garfos.

Epígrafe 671.5. Dun garfo.

– GRUPO 672. EN CAFETARÍAS.

Epígrafe 672.1. De tres cuncas.

Epígrafe 672.2. De dúas cuncas.

Epígrafe 672.3. Dunha cunca.

– GRUPO 673. DE CAFÉS E BARES, CON E SEN COMIDA.

Epígrafe 673.1. De categoría especial.

Epígrafe 673.2. Outros cafés e bares.

– GRUPO 675. SERVIZOS EN QUIOSCOS, CAIXÓNS, BARRACAS OU OUTROS LOCAIS ANÁLOGOS,

SITUADOS EN MERCADOS OU PRAZAS DE ABASTOS, AO AIRE LIBRE NA VÍA PÚBLICA OU XARDÍNS.

– GRUPO 676. SERVIZOS EN CHOCOLATARÍAS, XEADARÍAS E HORCHATARÍAS.

Epígrafe 677.9. Outros servizos de alimentación propios da restauración.



Actuacións subvencionables:

a) A instalación de pechamentos estables ou instalación de elementos desmontables e móbiles que sirvan de illamento, acoutamento do perímetro ou protección, así como outros elementos móbiles que cumpran esta función nos laterais, cuberta e/ou chan, tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles.

b) A adecuación estética e mellora da imaxe e funcionalidade da terraza con criterios de homoxeneización estética e integración no seu contorno, mediante a renovación do mobiliario (mesas, cadeiras e xardineiras), instalación de sistemas de iluminación e de aparellos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. Para seren subvencionables, os aparellos calefactores deberán ser eléctricos ou baseados noutras opcións que non impliquen combustibles fósiles e permitan dar o servizo con enerxía de fontes renovables.


En todo caso, as actuacións previstas nas letras a) e b) deberán respectar as particularidades e/ou limitacións que se determinen na correspondente ordenanza municipal que lle sexa de aplicación e comprenderán tanto a realización das obras como a adquisición dos equipamentos subvencionables.

Recoméndase que os materiais e os acabamentos de remate dos elementos utilizados respondan a un criterio de harmonización coa edificación e co espazo público en que se sitúen. Como criterio xeral, procurarase a harmonía de cor entre os ditos elementos e as fachadas e carpintarías da edificación xunto á que se localizan. Así mesmo, evitaranse materiais que produzan brillos molestos, ou aqueles acabamentos de cor rechamante e moi contrastada susceptibles de produciren un impacto visual negativo. Como referencia desta recomendación empregaranse as pautas e criterios xerais e as específicas para cada grande área paisaxística que recolle a Guía de cor e materiais de Galicia.

c) A adquisición de elementos sustentables de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio establecemento.

Todos os elementos do packaging deberán ser 100 % biodegradables. No caso de ser de plástico, deberán ser compostable, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 «Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou embalaxe» e nas súas sucesivas actualizacións, así como as bolsas de plástico que cumpran os estándares europeos ou nacionais de biodegradación a través de compostaxe doméstica.

Na documentación desta actuación deberá figurar a composición da solución para a cal se solicita a axuda, onde quede debidamente acreditado o seu carácter biodegradable.




Non se consideran subvencionables:

As actuacións en terrazas situadas no interior de centros comerciais e nos interiores dos

establecementos, así como outras actuacións levadas a cabo no interior do establecemento.

A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e TPV.

Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.

Os elementos téxtiles, tales como, mantas, coxíns, manteis etc...

A publicidade, agás a rotulación do nome do establecemento nos elementos fixos ou móbiles da terraza.