PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DO COMERCIO: FONDO TECNOLÓXICO

ORDE do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G)

Lineas de axuda:



Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das seguintes actuacións:

a) Software de xestión de experiencia da clientela (aplicacións big data e análise de datos).

b) Etiquetaxe electrónica para lineais de venda.

c) Tecnoloxía de control de stocks e tecnoloxía RFID.

d) Xestor de colas automatizado.

e) Sistemas de click and collect e locker dixitais.

f) Probadores interactivos.

g) Software para a xestión loxística do e-commerce.

h) Solucións de ciberseguridade.

i) Asistentes virtuais e sistemas dixitais interactivos (chatbots).

j) Aplicacións para dispositivos móbiles (m-commerce).

k) Terminais de autopagamento.

 

Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra, a

través das seguintes actuacións:

a) Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.

b) Andeis virtuais.

c) Pantallas e mesas interactivas.

d) Totems publicitarios.

e) Encerados dixitais.

f) Aplicacións de realidade virtual e aumentada.

 

Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética e dos recursos,

a través das seguintes actuacións:

a) Portas automáticas con sensores de proximidade que redunden nunha mellora da eficiencia enerxética no ámbito térmico do local.

b) Sistemas de iluminación enerxeticamente eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces que melloren e optimicen o consumo de enerxía eléctrica.

c) Sistemas de climatización do local enerxeticamente eficientes.