Programa do Bono das persoas autónomas (TR341Q)
Data inicio solicitude: 04/02/2020
Data fin
solicitude: 03/03/2020
Características da axuda
Esta axuda poderase conceder para a mellora da competitividade
da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento
anticipado, unha subvención dun 80% da actividade que se
subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de
actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.
Serán subvencionables as seguintes liñas de actuación:
Liña 1: Mellora da competitividade a través dos
seguintes servizos
- Investigación de mercado
- Plan de márketing
- Plan de comunicación do negocio
- Plan estratéxico do negocio
- Plan crecemento: constitución sociedade
- Plan de reorientación do negocio
- Plan de uso das novas tecnoloxías no
negocio
- Plan de refinanciamento.
- Outros estudos e planes que teñan como
fin aumentar a competitividade
Liña 2: Mellora da competitividade a través dos
seguintes investimentos
- Compra de maquinaria
- Compra de útiles e ferramentas
- Reforma do local do negocio
- Equipos informáticos
- Rótulos
- Mobiliario
- Aplicacións informáticas e páxinas web
- Creación logotipo do negocio
No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non
son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e
investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e
despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de
actividades subvencionables.
Persoas beneficiarias
Serán beneficiarias, entre outras, as persoas autónomas
que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de
colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na
realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira
ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior
a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de
actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior
a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no
ano 2018.