PROGRAMA IGAPE: CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID-19
RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).
PRAZO DE SOLICITUDE: 10/07/2021
FIN PRAZO SOLICITUDE: 30/09/2021
PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19 (IG300E)
FINALIDADE
Axudas a proxectos de que promoban a implementación de tecnoloxías dixitais para a adaptación da situación creada pola COVID19.
BENEFICIARIOS
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha das seguintes categorías:
a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.
b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello, e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións
empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida
pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas cales concorra algunha das restantes circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran
as obrigas do artigo 11 da citada lei, as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
CONTÍA DA AXUDA
80% ata 9.600€.
TIPO
Subvención a fondo perdido para proxectos entre 1.500 e 12.000€.
INVESTIMENTO A APOIAR
- Activos dos seguintes tipos:
o Equipos informáticos e outro equipamento electrónico.
o Licencias de Software estándar de mercado.
o Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva nunha zona rural na que se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.
- Gastos de subscrición a software aboados por parte do solicitante durante o período do gasto subvencionable.
- Colaboracións externas encamiñadas á adaptación e personalización dos sistemas dixitais e ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.
RÉXIME
Concorrencia non competitiva.
PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS
Serán subvencionables os gastos realizados entre o 1de outubro de 2020 e ata 15 de novembro de 2021.