BANNER-WEB-PRINCIPAL.png

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2021-22



A Asociación de Empresarios de Redondela pecha o Programa Integrado de Emprego 2022 cun 79% de inserción.

O maior porcentaxe de inserción foi acadado polo colectivo de mulleres cun 93%.


A aposta pola mellora da empregabilidade dos colectivos cos que ven traballando a entidade está a demostrar ser de gran utilidade xa que os obxectivos de  empregados e empregadores conflúen para acadar este excelente resultado.


Os colectivos con menor cualificación, especialmente menores de 30 de baixa cualificación e de vítimas de violencia de xénero son os que presentan máis atrancos a hora de atopar emprego cun 65% de inserción.


Ao longo deste programa realizamos máis de 400 accións individuais de asesoramento e acompañamento ás persoas usuarias do programa, máis de 190 horas de formación transversal para o emprego,  máis de 600 horas de formación do catálogo de especialidades formativas do Servizo público de Emprego (SEPE), practicas, coaching, encontros para o emprendemento que deron como resultado oportunidades de contratación a máis de 85 persoas usuarias das cales 79 cumpren os criterios de inserción establecidos pola orde que regula os programas de emprego.

 

rexístrate





INFÓRMATE



O 27 de Xuño celebraremos o II ENCONTRO PARA O EMPREGO E O EMPRENDEMENTO: OPORTUNIDADES SECTORIAIS.

Está dirixido as persoas participantes do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela.

Terá lugar no Pazo de Santa Teresa, na Rúa Pai Crespo en Redondela.

programa do evento é o seguinte:



HORARIO

PROGRAMA

9:45

RECEPCIÓN DE ASISTENTES

10:00-10:45

SECTORES CON OPORTUNIDADES LABORAIS: automoción, loxístico, farmacéutico, call centers. Manuel Porto. Grupo Eurofirms.

10:45-11:00

PROFESIÓNS CON OPORTUNIDADES: sector de mobiliario de cociña. José Carlos Rodríguez Villamarín. Villamarín Diseño, S.L. 

11:00-11:45

NOVOS NICHOS DE MERCADO. Pilar Lago Goberna. Orientadora e Prospectora Laboral AER

11:45-12:00

PROFESIÓNS CON OPORTUNIDADES: sector de seguros. Javier Santaeufemia. Santa Lucía Seguros.

12:00-12:30

PAUSA

12:30-13:30

OPORTUNIDADES LABORAIS NO SECTOR DO MAR.

María Josefa Calvo Tarrío.

Oceanógrafa e Asistencia Técnica da Xornada.

Severino Casal Diz.

Patrón Local de Pesca. Cofradía de Pescadores "San Juan" de Redondela.

Yolanda Ruiz Muñoz.

Oceanógrafa e Asistencia Técnica da Xornada.


Por favor, confirma a túa asistencia cubrindo o formulario de inscripción:

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN



O Xoves 21 de abril de 2022, no Pazo de Santa Teresa, en Redondela, celebrouse o ENCONTRO PARA O EMPREGO E O EMPRENDEMENTO.


Ver o encontro


















UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.

 

ESTE PROXECTO DE EMPREGO ESTÁ FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA NO MARCO DOS PROGRAMAS INSTEGRADOS DE EMPREGRO DE GALICIA.

 

OS PROCESOS DE SELECCIÓN XA ESTÁN EN MARCHA E PERMANECERÁN ABERTOS ATA O DÍA 17 DE XANEIRO.


Inscríbete