PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.
Proxecto dirixido a mellora da ocupabilidade e insercción laboral 2020/2021.
O luns, 8 de novembro de 2021, finalizou ao Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela 2021.
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA DESTACA O ALTO GRADO DE CALIDADE DO EMPREGO ACADADO POLAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ENTIDADE: O 80% DOS CONTRATOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA 2020/21 CUMPRE OS CRITERÍOS DE CALIDADE DO EMPREGO ESIXIDOS POLA XUNTA DE GALICIA.
O PORCENTAXE DE INSERCIÓN DOS PARTICIPANTES QUE FINALIZARON O PROGRAMA É DO
64% SUPERANDO EN CASE 20 PUNTOS PORCENTUAIS OS OBXECTIVOS INICIAIS.
Entre os colectivos participantes no programa compre
destacar os resultados de inserción acadados polas mulleres, un 72,5% dos
contratos reúne os criterios de inserción e o 85% foi contratada ao longo do
programa.
Outro dos colectivos que destaca en canto a resultados de
inserción son os menores de 30 cualificados que acadaron un nivel de inserción
do 60% e que demostra o interese das
empresas locais por captar talento.
O compromiso coa formación e o desenvolvemento da
autonomía foi clave en todo o programa, ao que contribuíu de forma destacada o
programa de mentorización desenvolvido nas primeiras fases, e acadando
resultados especialmente destacables no colectivo de menores de 30 sen cualificación sendo 8 os usuarios que retomaron os estudos para a obtención
da ESO, nivel imprescindible para poder acceder ao mercado de traballo.
O emprendemento
tamén tivo o seu oco no programa, destacando varias iniciativas de
emprendemento e forxando as bases para outras dúas.
A adquisición de experiencia a través de prácticas non laborais que contou coa colaboración
tanto de importantes coas empresas da comarca e con pequenos empresarios locais
foi un instrumento que permitiu optimizar o proceso de sincronización entre
oferta e demanda de traballo e atender mellor as dificultades que o sector
empresarias se está atopando para cubrir postos de traballo.
PARTENON foi unha das empresas destacadas nesta colaboración, non
so contratando a persoal do programa senon tamén acollendo sesión prácticas que
permitiron aso usuarios adquirir a visión práctica dos procesos da empresas.
Así os alumnos do itinerario de loxística e produción puideron comprender a
importancia e funcionamento da xestión loxística dentro do proceso produtivo e
os alumnos do curso de CRM e ERP
puideron ver as funcionalidades da implementación da aplicación SAP na empresa
e a optimización de recursos e capacidade para axustarse ás necesidades do
cliente optimizando a xestión da información. Todo unha lección práctica que
agradecemos a todo o equipo de Partenon e moi especialmente ao seu Responsable
de Recursos Humanos JORGE SIEIRO FROIZ.
A Asociación de
Empresarios de Redondela quere agradecer a todas a empresas e entidades colaboradoras co
programa de emprego a súa implicación e compromiso e destacar o importante
esforzo inversor que supón tanto para
administración autonómica da Xunta de Galicia e moi especialmente para
as entidades a posta en marcha programas
de emprego que debería contar con continuidade para seguir favorecendo o
desenvolvemento de capacidades para o emprego do factor produtivo con maior
capacidade para xerar valor, as persoas, especialmente nun momento que o actual
abocado transformación e no que a transformación dixital da man de obra é un
reto que estes programas xa están a asumir.
Empresas e entidades colaboradoras:
O Programa Integrado de Emprego de Asociación de Empresarios de Redondela é un proxecto dirixido a un colectivo de 100 persoas desempregadas para a mellora da ocupabilidade e insercción laboral.
O noso obxectivo é que as persoas usuarias atopen emprego e para alcanzar este obxectivo pomos ao alcance das persoas beneficiarias unha serie de servizos que se definen no programa de acompañamento ás persoas usuarias.
Servicios do programa para persoas ususarias:
Servicios do programa para empresas:
Ø Formación
transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
Ø Técnicas
de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de
emprego, tanto por conta propia como allea.
Ø Habilidades
sociolaborais e obradoiros de entrevista.
Ø Fomento
da capacidade emprendedora.
Ø Prospección
empresarial.
Ø Emparellamento
de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
Ø Formación
para o Emprego
Ø Prácticas
profesionais non laborais en empresas.
Ø Obradoiros
sobre mobilidade laboral.
Quen pode participar?
Todas las personas participantes no
programa deberán ser personas en situación de desempleo inscritas en Emprego
Galicia.
En concreto os perfís do programa son:
ØPersoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación
ØPersoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas
ØPersoas desempregadas maiores de 45 anos
ØMulleres desempregadas
Mais información sobre os PROGRAMAS INTEGRAIS DE EMPREGO
FASES E ITINERARIOS DO PROXECTO