PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: Prácticas Profesionais non Laborais
As persoas usuarias do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela poden acceder a este programa de PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS.
En función das súas características o programa inclúe distintas modalidades de prácticas:
- PRÁCTICAS NON LABORAIS INDIVIDUAIS: as persoas usuarias que opten por esta modalidade intégrase na actividade ordinaria da empresa durante un período que pode comprender dende 2 ata un máximo de 15 días laborables e contarán coa tutela dun traballador que as instruirá sobre todos os procesos e tarefas asociadas ao posto que desempeñe. As persoas que superen con éxito o proceso de avaliación inherente as prácticas pasarán a integrarse na bolsa de contratación da empresas.
- PRÁCTICAS NON LABORAIS COLECTIVAS: esta modalidade de prácticas en empresas desenvolverase baixo un enfoque experiencial, unha vivencia práctica nun entorno empresarial real. Están dirixidas a grupos de alumnos que teñan participado en accións formativas ou que conten con formación ou experiencia en determinadas áreas ou sectores. Aplícase unha metodoloxía de resolución de supostos prácticos nun entorno real. Trátase de resolver unha situación que se pode dar de forma real nunha empresa en "modo simulacro".
- PRÁCTICAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN: este formato de prácticas está reservado a aquelas empresas que se comprometen a realizar ao menos a contratación de unha persoa por 3 meses entre as persoas participantes no programa de prácticas.
- PRÁCTICAS ASOCIADAS AO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: esta modalidade de prácticas realizase dentro do marco dos certificados de profesionalidade que se imparten no programa integrado de emprego.
Queres participar no programa de prácticas?
Elixe empresa, consulta as condicións e inscríbete exclusivamente chamando ao 651 568 461 ou ao 986404012.
Empresas colaboradoras co PROGRAMA DE PRÁCTICAS LABORAIS FORMATIVAS:
Entidades colaboradoras: