vIRUS.jpg

PROGRAMAS DE AXUDA: PROGRAMA I, MICROENPRESAS E PROGRAMA II, HOSTALARÍA

ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (TR400B), e do Programa II hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.

ORDE do 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19 (TR400B), e do Programa II hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR400C), e se procede á súa convocatoria para 2020.

PROGRAMA I: MICROEMPRESAS

Persoas beneficiarias

Axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo e negocios de sectores especialmente paralizados.

 

Orzamento

37.000.000 €, con cargo aos fondos finalistas e propios.

Reserva de 2 millóns de euros para pemes pertencentes a a sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizadada.

 

Requisitos

·         As persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo.

·         As microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica.

·         As pemes sempre desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados.

Deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

– Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.

– Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros trimestres do ano 2020.

 

Características da axuda

Orzamento: 

Importe anual do crédito

Total convocatoria

2020

2021

17.500.000 €

17.500.000 €

35.000.000 €

1.000.000 €

1.000.000 €

2.000.000 €

 

A axuda será de 4.000 €, que se aboará en dous pagamentos de 2.000 € na anualidade 2020 e de 2.000 € na anualidade 2021.

 A axuda será de 5.000 € para as persoas ou entidades beneficiarias definidas no artigo 18 que pertenzan aos sectores especialmente paralizados. Esta axuda aboarase en dous pagamentos de 2.500 € cada un deles, o primeiro pagamento realizarase xunto coa concesión da axuda na anualidade 2020 e o segundo farase na anualidade 2021.

 

Entenderase como actividade especialmente paralizada:

·         a) En todo caso o lecer nocturno.

·         b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das atraccións de feiras e que se trate de actividades nos que non existe establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAES: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5630 e 9200

·         c)- Os negocios encadrados nos seguintes CNAES:

·         CNAE 4932: Transporte por taxi

·         CNAE 5010: Transporte marítimo de pasaxeiros.

·         CNAE 5030: Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

·         CNAE 5621: Provisión de comidas preparadas para eventos

·         CNAE 5914: Actividades de exhibición cinematográfica.

·         CNAE 7911: Actividades de las axencias de viaxes.

·         CNAE 7912: Actividades de los operadores turísticos.

·         CNAE 7990: Outros servizos de reservas y actividades relacionadas cos mesmos.

·         CNAE 8230: Organización de convencións y feiras de mostras.

·         CNAE 9001: Artes escénicas.

·         CNAE 9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas.

·         CNAE 9004: Xestión de salas de espectáculos.

·         CNAE 9321: Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.

·         CNAE 9329: Outras actividades recreativas e de entretemento.

  

PROGRAMA II: HOSTALARÍA 

Persoas beneficiarias

 

As persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría; os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos. 

Orzamento

 

17.000.000 € 

Requisitos

 

·         Ter domicilio fiscal en Galicia.

·          Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia nas ordes que se relacionan:

-       Orde da Consellería de Sanidade do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense (DOG núm. 203-bis, do 7 de outubro).

-       Orde da Consellería de Sanidade do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 223-bis, do 4 de novembro).

-       Orde da Consellería de Sanidade do 8 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específi cas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro).

-       Orde da Consellería de Sanidade do 13 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 230-bis, do 13 de novembro).

-       Ou en calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o remate do prazo de solicitudes.

-       Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas.

Características da axuda

 

A axuda por establecemento será de 1.500 € por mes de paralización da actividade, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional por períodos de dúas semanas. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 750 €.

 No caso dos establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis de 10 (pemes) percibirán a cantidade de 2.000 € por mes paralizado, desde o mes de outubro, cun mínimo de dúas semanas, aplicándose neste caso a parte proporcional. Neste sentido, os que teñen paralizada a actividade dúas semanas recibirán 1.000 €.

 As axudas serán por establecemento paralizado, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento con dereito a axuda.

 Para o cálculo das semanas pechadas terase en conta o tempo que estivo nesa situación ata o momento da presentación da solicitude de axuda.

 

 

 

 

Documentos relacionados
Enlaces relacionados