PRORROGA DO ESTADO DE ALARMA ATA O 26 DE ABRIL DE 2020
A partir desta prórroga do estado de alarma rexerán as mesmas condicións conforme ao disposto no decreto 463/2020 de 14 de marzo. Coincidindo coa volta ao traballo das actividades non esenciais que non poidan teletraballar, publicouse unha Guía actualizada de recomendacións para os centros de traballo.
Real Decreto 487/2020, de 10 de abril, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
Destacar que segundo este Real Decreto, prorrógase o estado de alarma ata as 00;00 do 26 de abril de 2020, e que se someterá as mesmas condicións establecidas no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo modificado polo Real Decreto 465/2020 do 17 de marzo, e polo Real Decreto 476/2020 do 27 de marzo.
Isto é, que unha vez rematado o permiso retribuido establecido ata o 9 de abril de 2020 para traballadores por conta allea de actividades non esenciais, e salvo publicación dalgunha aclaración, modificación ou medida a maiores respecto ás contidas en devanditos decretos, rexirá de novo a partir desta prórroga do estado de alarma, o disposto no decreto 463/2020 do 14 de marzo (BOE 14 de marzo) modificado polo decreto 465/2020 do 17 de marzo (BOE 18 de marzo), a os efectos das medidas de limitación de circulación de persoas pola vía pública, e en canto aos comercios ou actividades empresariais que teñen permitida a sua apertura e aquelas que non poden abrir, así como o resto de medidas contidas nos mesmos.
Sábado, 14 de marzo de 2020
Decrétase o estado de Alarma
Mércores, 18 de marzo de 2020
Modificación de medidas adoptadas
Coincidindo coa reincorporación a os seus centros de traballo, o luns e martes, de todos aqueles traballadores e traballadoras de actividades non esenciais que non poidan teletraballar publicouse unha guía de boas prácticas en centros de traballo para previr os contaxios do COVID-19.
DESCARGAR
Guía de Buenas Prácticas en centros de trabajo (actualizado 11/04/2020)
Documentos relacionados
Información solo para socios
Por favor, acceda a súa área de asociado.