BANNER-OCIO-NOCTURNO.jpg

PROTOCOLO PARA A REACTIVACIÓN DO LECER NOCTURNO

ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Xoves , 25 de novembro de 2021

ORDE do 25 de novembro de 2021 pola que se prorroga e se  modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia. 


Prorrógase ata as 00.00 horas do día 18 de decembro de 2021 a eficacia das medidas previstas na Orde do 22 de outubro de 2021.

Permítese a realización de cócteis e actos de recepción con aperitivo e público de pé que, no momento de retirada da máscara para o consumo, deben respectar a distancia interpersoal de seguridade entre persoas non conviventes. Os grupos de persoas de pé poderán ser de ata oito persoas no interior e quince na terraza.

 A prestación de servizos de hostalaría e restauración nos bares, nas cafetarías e nos restaurantes axustarase ás regras previstas na Orde do 14 de setembro pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, a ocupación máxima será de oito persoas no interior e quince persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

Os establecementos de lecer nocturno, tales como discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, axustaranse ao establecido pola Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, a ocupación máxima será de 8 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.


As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de novembro de 2021 ata as 00.00 horas do día 18 de decembro de 2021



Venres, 12 de novembro de 2021

ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se prorroga a Orde do 29 de septembro de 2021 pola que se aproba o ovo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.


RESUMO

Prorrógase ata as 00.00 horas do día 4 de decembro de 2021 a eficacia das medidas previstas na Orde do 29 de setembro  de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia na súa redacción vixente.



Venres, 22 de outubro de 2021

ORDE do 21 de outubro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.


MODIFICACIÓNS:

  • O horario límite de peche ao público será ás 4.00 horas para os establecementos que teñan título habilitante de pubs e de cafés espectáculo, salvo as noites que van do venres ao sábado e do sábado ao domingo, en que o horario límite será ás 4.30. O horario límite de peche ao público será ás 5.00 horas para os establecementos que teñan título habilitante de salas de festa ou discotecas
  • Certificado COVID: o acceso aos locais requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou por un laboratorio oficial autorizado.
  • Non será necesaria a exhibición de documentación para a prestación do servizo en terrazas situadas no exterior, cando para o acceso a elas non sexa precisa a circulación polo interior do local. 
  • Permitirase a ocupación do 100 % da capacidade máxima permitida, tanto no interior como nas terrazas.

 As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día seguinte ao da súa publicación e ata as 00.00 horas do día 13 de novembro.

Venres, 7 de outubro de 2021

ORDE do 7 de outubro de 2021 pola que se estalecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de Setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.


MODIFICACIÓNS:

  • PLAN HOSTELERÍA SEGURA E PLAN LECER NOCTURNO:

- A apertura ao público do establecemento implicará a obriga de dispor nun lugar visible do acceso, preferentemente na porta de entrada, dun cartel que sexa de doada lectura, no cal conste a información sobre as capacidades máximas permitidas no establecemento.

Nivel 1c (unha cunchiña): No interior dos establecementos permitirase o 75 % da capacidade máxima en condicións normais. Nas terrazas dos establecementos permitirase o 90 % da capacidade máxima en condicións normais.

- Nivel 2c (dúas cunchiñas): No interior dos establecementos permitirase o 90 % da capacidade máxima en condicións normais. Nas terrazas dos establecementos permitirase o 100 % da capacidade máxima en condicións normais.


As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 9 de outubro ata as 00.00 horas do día 23 de outubro de 2021


Venres, 1 de outubro

ORDE do 29 de setembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.



Xoves, 8 de xullo de 2021

ORDE do 8 de xullo de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e pola que se modifica a Orde do 1 de Xullo, pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise ocasionada pola COVID-19.


MODIFICACIÓNS NO PROTOCOLO DE LECER NOCTURNO:



Redondela entra a formar parte do grupo de Concellos con nivel de restriccións Medio (GRUPO C).


Nos concellos enumerados nas letras C e D do anexo II, estes establecementos poderán desenvolver a súa actividade a partir do 1 de xullo cumprindo as seguintes medidas xerais:

a) Os establecementos poderán prestar servizos de terraza co cen por cento da capacidade máxima permitida. Para o servizo no interior, a ocupación máxima será do 50 % da capacidade máxima permitida.

A distribución das mesas e das persoas será homoxénea entre as diferentes estancias e andares, se existen.

b) Poderase consumir sentado/a ou de pé. Non se poderá prestar servizo na barra. Só se poderá utilizar a barra para solicitar e recoller consumicións por parte das persoas usuarias, pero non para realizar o consumo nela. Na barra deberán respectarse as distancias de seguridade e impedirase a formación de aglomeracións.

c) Deberá manterse a distancia de seguridade de 1,5 metros nas mesas ou, de ser o caso, nas agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de 6 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

d) No caso de existir pista de baile, permitirase o seu uso cunha ocupación que en ningún caso será superior á que resulte da asignación de dous metros cadrados da pista por cada usuario.

e) Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade.

f) O horario máximo de peche dos establecementos de lecer nocturno será ás 3.00 horas.

g) O uso de máscara será obrigatorio en todo momento. Só se poderá exceptuar o uso da máscara exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

h) Os establecementos deberán usar dispositivos medidores de CO2 , que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios. Estes dispositivos deberán levar a marcación CE.

i) Os establecementos deberán dispor dun rexistro de clientes nas condicións que se establezan pola orde da Consellería de Sanidade que aprobe o protocolo de lecer nocturno.

j) En particular, no caso dos concellos enumerados na letra C do anexo II, o acceso aos locais requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde, ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado.


As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 10 de xullo.


No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 10 e 11 de xullo, que xa estivesen concertados antes do día 9 de xullo, nos concellos que soben o seu nivel de restricións, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da referida elevación de nivel, ben que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.





ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.


PROTOCOLO PARA A REACTIVACIÓN DO LECER NOCTURNO


1. Nivel epidemiolóxico:

- Poderanse realizar este tipo de eventos unicamente nos concellos con nivel de restrición mediobaixo (nivel D) ou inferior.


2. Control de acceso:

- Cada establecemento será responsable das capacidades máximas que declare, así como de controlar, en todo momento, que as porcentaxes máximas de uso sexan respectadas.

- Na entrada e na saída dos asistentes deben establecerse os mecanismos necesarios para impedir as aglomeracións de persoas e respectar as distancias de seguridade.

- A persoa responsable do establecemento deberá dispor, en soporte físico, da documentación acreditativa das superficies utilizadas para os cálculos das capacidades.


3. Límite de capacidade:

- A distribución da capacidade será homoxénea entre diferentes estancias e andares, respectando ademais os límites nas agrupacións de persoas e a separación de seguridade de, polo menos, 1,5 metros.

- O número de persoas no interior do establecemento non poderá superar o 50 % da súa capacidade.

- Nas terrazas ao aire libre destes establecementos poderán ocuparse ao 100 %.

-  O consumo nas terrazas deberá realizarse sentado e facendo uso das mesas dispoñibles.

- A ocupación máxima será de 6 persoas no interior e 15 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

- No caso de existir zona de baile, permitirase o seu uso cunha ocupación que en ningún caso será superior á que resulte da asignación de dous metros cadrados da pista por cada usuario.

- Non se permite o consumo na barra, aínda que si o servizo aos clientes a través desta.

- A ocupación máxima para o uso dos aseos será dunha persoa para espazos de ata 4 metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia.


4. Exposición:

- Deberán utilizarse os modelos de cartel postos á disposición para a súa impresión na páxina web https://coronavirus.sergas.gal/.

- As estancias interiores (salas diferenciadas, pista de baile) tamén contarán cunha sinalización que informe a persoa usuaria da capacidade máxima.


5. Horario:

- O horario máximo de peche dos establecementos de lecer nocturno será ás 3.00 h.


6. Uso de máscara:

- O uso de máscara será obrigatorio en todo momento.


7. Rexistro de clientes:

- Os establecementos deberán levar un rexistro que recollerá os datos de identificación e contacto que deberán achegar os clientes para facilitar a súa localización polas autoridades sanitarias.

- No rexistro constarán o nome e apelidos, o número de teléfono dado polo cliente e a data e hora de acceso ao local.

- O responsable do tratamento relacionado co rexistro será o/a titular do establecemento.

- Informaranse os clientes, a través de cartelaría visible localizada na entrada do establecemento e noutros lugares do interior do local, dos aspectos exixidos na normativa en materia de protección de datos respecto do tratamento de datos de carácter persoal.

- O establecemento deberá conservar os datos coas debidas garantías durante o prazo de 28 días que se considera o estritamente indispensable para cumprir coa finalidade do rexistro. 


8. Mellora da ventilación:

- Non se deberán superar no interior as 1000 ppm de concentración de CO2 .

- A partir de 800 ppm deberán establecerse medidas correctoras para mellorar a calidade do aire.

- Non se poderán empregar sistemas de fume ambiental ou substancias similares, xa que poden interferir coa medición do CO2 .


9. Medición do CO2:

A correcta ventilación do local obxectivarase a través da utilización de dispositivos medidores de CO2 en continuo, que deberán dispor dunha pantalla que mostre os niveis de CO2 en tempo real nunha zona visible para os usuarios.


10. Outras medidas preventivas e boas prácticas:

- A información e formación dos traballadores, a información a persoas usuarias, a aplicación de medidas de protección persoal e colectiva, e a adaptación da organización á situación epidemiolóxica existente.



Máis información en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210701/2687/AnuncioC3K1-010721-2_gl.pdf