PRESENTACIÓN-BLACK-FRIDAY.jpg

QUE PASARÁ ESTE BLACK FRIDAY NO COMERCIO DE REDONDELA?

A asociación de empresarios de Redondela coordina a posta en marcha dunha decoración dos espazos comerciais que pretende chamar a atención da clientela e facer saltar alarmas!


A campaña pretende lanzar unha dobre mensaxe chamando a atención da clientela cunha decoración con precintos e sinais de perigo e advertencia.

Anunciando as ofertas dispoñibles pero tamén pretende chamar a atención sobre o perigo que estas novas campañas supoñen para o pequeno comercio. As prácticas comerciais dos grandes grupos con políticas fluctuantes de prezos chaman á atención da clientela desprazando aos pequenos establecementos que manteñen liñas máis estables e na que os descontos aínda que menores son reais.

Mais de 40 establecementos comerciais xa están adheridos a campaña e outros tantos sumaranse á decoración especial prevista como respaldo a esta alerta sobre os efectos e repercusións que supón para os pequenos negocios este tipo de campañas impostas polas novas tendencias de consumo global.