WEB-ISSGA.jpg

RECOMENDACIÓN DE PREVENCIÓN NO TRABALLO FRONTE AO CORONAVIRUS

Información publicada polo ISSGA

o ISSGA informa  que tendo en conta a situación de declaración de estado de alarma en todo o territorio nacional (Real decreto 463/2020 de 14 de marzo) como consecuencia da pandemia provocada polo COVID-19, no exercicio da súa función de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), elabora de acordo cos axentes sociais este documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o novo Coronavirus.

Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden á organización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores designados ou asunción polo empresario). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.




Descargar RECOMENDACIÓNS DE PREVENCIÓN NO TRABALLO FRONTE AO CORONAVIRUS