renos 3.jpg

Renos decorados polo alumnados dos centros educativos para decorar o Nadal.

Unha artística manda de Renos chega as rúas e prazas de Redondela directamente desde a imaxinación dos nenos e nenas dos centros educativos de todo o Concello.

Hoxe no Multiusos da Xunqueira presentamos o resultado da proposta lanzada conxuntamente polo Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios de Redondela para decorar de forma única e singular a vila de Redondela.

A convocatoria lanzaba ao alumnado o reto de decorar un reno, deseñado e elaborado polo obradoiro de carpinteria do Concello de Redondela, seguindo un estilo pictórico ou expresión artística, pretexto para aprender historia da arte dunha forma lúdica e divertida.


Estas fantásticas creación serán trasladadas a distintos emprazamentos ao longo de todo núcleo urbano para que nenos e maiores podian fotografarse cos únicos e inigualables renos navideños de Redondela feitos polas más de quenes realmente enchen de maxia o Nadal, os nenos e nenas de Redondela grazas, tamén, como non a contribución do equipo docente de cada colexio.


Unha forma sostible, didáctica e económica de decorar o Nadal de Redondela e de fomentar o paseo pola zona comercial descubrindo as tendas desta pequena vila comercial.