REPARTO DE MASCARILLAS PARA SECTORES CON ACTIVIDADE
A xunta ven de informar que subministrará a prezo de custo máscaras e guantes a empresas e autónomos dos sectores esenciais que así o soliciten
A Administración autonómica
encargarase da subministración ante a imposibilidade de que moitas pequenas e
grandes empresas poidan conseguir material de protección polos seus propios
medios no mercado
Segundo se
recolle na nota a Xunta de Galicia subministrará máscaras e guantes ás empresas
e os autónomos que o soliciten, ante a imposibilidade de que moitas delas
poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo
adecuado. De feito, o material será facilitado ao mesmo prezo que o adquira a
Xunta.
O reparto de
material de protección chegará a sectores
como o alimentario e as distribuidoras, a metalurxia, a construción, a
enxeñería, a madeira, a pizarra e o granito, as enerxías renovables, as
cooperativas agrarias, os call center, autónomos e comerciantes.
A distribución realizarase a través dos clústers e asociacións que representan aos sectores beneficiados pola medida.
MASCARILLAS QUIRURXICAS (PACKS DE 50 UNIDADES)
PREZO UNITARIO= 0,36€
PREZO PACK= 18€
FORMULARIO DE SOLICITUDE
Para calquera dúbida pode enviarnos un correo a aer@empresasredondela.gal.
Tamén podes empregar a sección de comentarios que aparece aquí.