web--dog.jpg

RESOLUCIÓN DO 15 DE MARZO DE 2020. Acordo do centro de coordinación operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da comunidade autónoma de galicia

Modificación das actividades que poder permanecer abertas


RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.



ACORDO DO CENTRO DE COORDINACIÓN OPERATIVA DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, DECLARADA POLO ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA DO DÍA 13 DE MARZO DE 2020, COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA EPIDEMIA DO CORONAVIRUS COVID-19


En relación coa suspensión da actividade comercial retallista ordenada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, inclúense dentro das excepcións á suspensión e, polo tanto, poderán continuar abertas as actividades e establecementos seguintes por considerárense correspondentes a bens de primeira necesidade:

– Comercio ao retallo de ferraxaría, pintura e vidro en establecementos especializados (correspondentes ao epígrafe 47.52 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009, CNAE-2009), xa que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agrícola elementos necesarios para a continuación da súa actividade.

– Ópticas (incluídas na epígrafe 47.78 da CNAE-2009 ou, se é o caso, en calquera outro).

– Venda ambulante de alimentación a domicilio en camións tenda (incluída na epígrafe 47.81 da CNAE-2009).

Así mesmo, aclárase que non está incluída na suspensión a actividade das lonxas.

Liberdade de horarios de establecementos de primeira necesidade.

Todos os establecementos comerciais de primeira necesidade exceptuados da suspensión no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo e neste acordo, e que, polo tanto, poden continuar abertos, terán liberdade horaria para fixaren sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais.