RESPALDO UNÁNIME Á FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO DE REDONDELA DA XUNTA DE GALICIA E DE TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE REDONDELA.
O Director Xeral de Comercio Gabriel Alén visitou a feira de oportunidades esta mañá de sábado.
Esta mañá visitou a Feira de Oportunidades o Director
Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, acompañado polo presidente
da Asociación de Empresarios de Redondela, Enrique Lago e a Vicepresidenta,
Verónica González, a Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e todos os
representantes do partidos políticos que conforman a corporación Municipal do
Concello de Redondela.
- D. Javier Bas e outros representantes do Grupo Municipal do Partido Popular .
- D. Xoán Carlos González, representante e voceiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego.
- D. Daniel Boullosa, representante da Agrupación de Electores de Redondela. A
A Asociación mostra o seu agradecemento polo respaldo de todos os membros da corporación municipal do concello de Redondela ao evento e destaca o esforzo que tivo que facer o equipo montaxe para completar as instalacións, en tempo récord, condicionado pola borrasca “Aitor”, dado que o evento celébrase nos Xardín da Alameda de Redondela ao aire libre. Trala tormenta a mañá arrancou cun tempo espectacular e sollado que atraeu a moita clientela xa dende primeira hora da mañá.
A mañá do sábado comezou cun gran ambiente de compras e con moita clientela
querendo facerse coas mellores oportunidades. As primeiras horas de vendas fan
prever un moi bo resultado.
O domingo continua esta acción promocional do comercio local con máis de 30
establecementos participantes. Mañá a Feira estará aberta de 11:00- 20:00h. A
xornada do domingo prevese chea de novidades, será o momento de ir a polas
oportunidades das novidades que presentarán en exclusiva os comercios
participantes.