BANNER-WEB-SOMBRA--reto-24.7.png

RETO 24.7 "UNHA SEMANIÑA ENTEIRA"

Colaboramos para axudar a mocidade a superar o reto de falar en galego as 24 horas do día os 7 días da semana durante "unha semaniña enteira".

A Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración co departamento de normalización lingüística do Concello de Redondela súmase á iniciativa de promoción da lingua galega para axudar a mocidade a superar o RETO 24.7! Falar galego as 24 horas do día os 7 días dunha semaniña enteira. 

Por iso difundimos entre os nosos asociados este reto e solicitamos a súa colaboración interactuando e conversando en galego. Un reto que pretende estar presente en todos os eidos da vida cotiá: cultura, deporte, consumo, etc..., polo que  se busca a implicación de todos os colectivos.

A iniciativa porase en marcha a semana do 26 de febreiro ao 3 de marzo.

Os participantes e colaboradores no reto identificaranse con chapas que portarán toda a semana e pretende estar presente no comercio, na hostalaría, nos servizos ou calquera outra actividade susceptible de ter contacto coa poboación moza. 


E o día 23 ven a praza de Abastos a celebrar o Día de Rosalía e poderás degustar o saboroso Caldo de Gloria e gañar unha bolsa conmemorativa do día de Rosalía. Infórmate aquí como conseguila.



Anótate:



e indícanos o número de chapas que precisas.