SECCIÓN-SERVICIOS-apoio-dixitalización.png

SERVIZO DE APOIO Á DIXITALIZACIÓN EMPRESARIAL

Proxecto de desenvolvemento e xestión de servizos de apoio á Dixitalización Empresarial.

Este programa de apoio á dixitalización empresarial posto en marcha pola Asociación de Empresarios de Redondela desenvolvese ao abeiro da ORDE do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedementoTR349Z) e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


Descrición do proxecto:

Asesoramento TIC / Consultaría en transformación dixital.

Procurar respostas a todas as cuestión que xorden ás persoas asesoradas sobre novas tecnoloxías, proporcionándolles un servizo de asesoramento personalizado.


Capacitación e formación en competencias dixitais.

Impartir programas de capacitación e talleres para mellorar habilidades dixitais, dende un uso básico de ferramentas, ata habilidades máis avanzadas en áreas como marketing dixital.

Axudar a visibilización en redes sociais.

Axudar a visibilización nas redes sociais, analizando a situación actual da empresa para definir uns obxectivos claros e alcanzables. Buscar cal é o público obxectivo e crear unha estratexia de contido. Facer uso da publicidade nas redes, xestión e análise de resultados, etc.


Estratexias de marketing dixital.

Axudar ás empresas para desenvolver estratexias de marketing en liña efectivas, incluíndo a creación de contido dixital, xestión de redes sociais, optimización de motores de procura (SEO).

Implementación de sistemas de xestión empresarial (ERP).

Axudar ás empresasas para seleccionar, personalizar e implementar sistemas de xestión empresarial que intregren e optimicen os seus procesos comerciais, como vendas, finanzas, inventario e recursos humanos.