SUBVENCIÓN AO SECTOR DA HOSTALARÍA PARA A PROMOCIÓN DA DIXITALIZACIÓN E O MARKETING DIXITAL
RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503C).
GASTOS SUBVENCIONABLES:
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que
incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de
2021 con respecto aos conceptos seguintes:
1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).
1.2. Integración de PMS actuais.
1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship
Management) integrados con
PMS.
1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.
1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e
Chatbots intelixentes.
1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e
fidelizar novos mercados e
clientes:
– Estudos de mercado (internacionalización, análise de
competencia, benchmarking...).
– Estudos de comportamento e satisfacción de clientes
(enquisas, mistery shopper,
focus group...).
– Sistemas de marketing
automation.
– Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).
– Publicidade en liña.
– Campañas publicitarias con prescritores.
– Reportaxes fotográficas e de vídeo.
– Revisión das APPCC (análises de perigos e puntos control
crítico).
1.7. Web corporativa con motor de reservas.
1.8. Adquisición de hardware informático.
1.9. Gastos de persoal:
– Sistemas de control do teletraballo.
1.10. Equipamento tecnolóxico:
– Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida
servir de apoio ou difusión
no control da pandemia.
– Equipamento tecnolóxico tanto básico (equipamentos
informáticos, software, comunicacións, etc.) como específico.
En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros
debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións
administrativas e penais, nin ningún outro fóra dos especificados no punto dous
deste artigo.
IMPORTE MÁXIMO DA SUBVENCIÓN POR ENTIDADE SOLICITANTE:
O importe da subvención será do 100 % para un gasto subvencionable de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas
traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta
allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que
teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.
Para os efectos destas axudas considéranse dentro do sector
da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos,
ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
As persoas interesadas achegarán coa solicitude (anexo II) a
seguinte documentación para a tramitación do procedemento:
a) Acreditación da
representatividade suficiente para actuar no nome da entidade solicitante.
b) Memoria explicativa en que se
defina de xeito pormenorizado o investimento e as
actuacións que se van desenvolver.
c) Orzamento do investimento
desagregado por partidas en que se especificará o importe da execución.
d) Documentación oficial que acredite os empregados da empresa solicitante no momento da solicitude.
PRAZO: 24 de outubro de 2021.