SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA (BONO ENERXÍA PYME) 2025
Resolución do 31 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (Código IN417Z). (DOG do 10 de xaneiro de 2025)
1. Conceptos subvencionables
Son proxectos subvencionables as inversións en equipos consumidores de
enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente
incluídos nas tipoloxías de actuación que se detallan a continuación. O
investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de
1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude
contemple exclusivamente o bono de asesoramento enerxético o investimento
mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o
IVE.
Cada solicitante poderá presentar unha única solicitude por cada centro de
traballo. Cada solicitude poderá contemplar unha ou varias actuacións de
distinta tipoloxía dentro dos bonos contemplados. Excepcionalmente se permitirá
a presentación de dúas solicitudes cando unha delas contemple exclusivamente o
bono asesoramento enerxético.
2. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións as pequenas e medianas empresas
legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social
ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as
seguintes seccións do CNAE 2009:
SECTOR
SERVICIOS-SECCIÓN CNAE 2009 | DIVISIÓN |
SECCIÓN G: Comercio al por mayor y al por menor; reparación de vehículos
a motor y motocicletas | 45 a 47 |
SECCIÓN H: Transporte y almacenamiento | 49 a 53 |
SECCIÓN I: Hostelería | 55 a 56 |
SECCIÓN J: Información y comunicacicaciones | 58 a 63 |
SECCIÓN K: Actividades financieras y de seguros | 64 a 66 |
SECCIÓN L: Actividades inmobiliarias | 68 |
SECCIÓN M: Actividades profesionales, científicas y técnicas | 69 a 75 |
SECCIÓN N: Actividades administrativas y servizos auxiliares | 77 a 82 |
SECCIÓN P: Educación | 85 |
SECCIÓN Q: Actividades sanitarias y de servicios sociales | 86 a 88 |
SECCIÓN R: Actividades artísticas, recreativas e de entretenimiento | 90 a 93 |
SECCIÓN S: Otros servicios | 94 a 96 |
3. Período de actuacións subvencionables
Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1
de xaneiro e o 1 de outubro de 2025, dentro do territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia.
4. Contía máxima da axuda
Consumo do
centro de traballo (kWh/ano) | Custe elixible
máximo diagnóstico (€) | Custe elixible
máximo auditoría (€) |
≤ 5.000 | 500 | 1.000 |
> 5.000 ≤ 25.000 | 1.000 | 2.000 |
> 25.000 ≤ 100.000 | 2.000 | 4.000 |
> 100.000 | 3.500 | 7.500 |
O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non
excederá de 300.000 euros durante calquera período de tres exercicios
fiscais.
5. Solicitude de alta na listaxe de empresas
Para solicitar a inclusión na listaxe “Listaxe de empresas interesadas en
prestar servizos de diágnose/auditoría enerxética no contexto do programa Bono
Enerxía Peme” debe remitirse ao Inega, a través da aplicación electrónica
accesible desde o seguinte link, o Anexo V da resolución en
calquera momento desde a publicación ata o remate do prazo de presentación de
solicitudes de axuda.
A “Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de
diágnose/auditoría enerxética no contexto do programa Bono Enerxía Peme” ten a
finalidade de facilitar o contacto entre solicitantes e provedores, en ningún
caso debe entenderse como garantía do Inega da calidade dos traballos resultantes,
cuxa responsabilidade corresponde ás partes.
6. Presentación de solicitudes
7. Prazo para a presentación da solicitude
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 17 de xaneiro ás 9:00 h
e remata o 25 de xuño de 2025.
8. Modelos documentación solicitude
9. Requirimentos de Emenda
Segundo o artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria, todas as
notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de
notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede
electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal),
no apartado Notificacións electrónicas.
Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición
das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na
solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación
practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada
plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación
da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante
a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a
través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde
a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
10. Modelos de documentos para a xustificación do investimento
11. Acceso á aplicación informática
Prema para acceder á aplicación informática de
cumprimentación e presentación de solicitudes.