DECORACIÓN-SHOPPING-NIGHT-web.png

TODO PREPARADO NO COMERCIO DE REDONDELA PARA CELEBRAR ESTE VENRES 2 DE AGOSTO A SHOPPING NIGHT

Os comercios decoran os seus establecementos para a noite máis glamurosa do ano da man da Shopping Night acompañada do Festival de Artistas de Rúa.

As máis de 40 tendas participantes na campaña están preparando a decoración e ambientación para este evento de venda nocturna. A Asociación de Empresarios de Redondela comenzou hoxe co reparto do material decorativo que está presidido por unha gran lúa dourada e guirnaldas de perlas realizadas con globos.

Nesta edición a temática glamour marcará a decoración e ambientación das tendas.

 

O comercio prepara con expectativas positivas esta xornada xa que é moito o público de que se achega a Redondela o que podería supor un impulso as vendas. Os descontos e promocións son un reclamo que o comercio prepara con mimo para atraer a novos clientes nesta singular noite de compras.

 

A hostalaría tamén se suma a esta noite especial ofrecendo Cócteles.

 

O programa do festival de artistas de rúa que arranca ás 19:30h cunha actuación do grupo Local As Tareixas na Praza de José Figueroa garante animación e espectáculo durante toda a tarde deste venres ata pechar ás 00:00h do SEPTETO SANTIAGUERO que pechará a velada con música cubana.