TRANSFORMACIÓN DIXITAL, INNOVACIÓN E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL
ORDE do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C).
A súa finalidade é facilitar a
volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu
anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver
emprender, no mesmo ou diferente sector.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio
social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos
legalmente para exercer a actividade.
b) Que teñan a condición de peme.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III e que esta constitúa a actividade para a cal vai dirixida a subvención.
2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso
de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último
día do prazo establecido para a presentación de solicitudes.
Actuacións subvencionables para comerciantes retallistas con tenda física
1. Liña de
dixitalización comercial.
Establécense dous programas de e-commerce en función do grao de
dixitalización do comercio, que son incompatibles e excluíntes entre si.
a) Programa e-commerce I (comerciantes retallistas sen páxina web):
Dirixido á dixitalización básica do contorno comercial omnicanle. Supón
obrigatoriamente a realización do conxunto das seguintes actuacións:
– Implantación de páxina web sen venda en liña. A páxina web deberá
cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.
– Hardware (sistema TPV ou tableta).
– Software de pagamento adaptado á actividade comercial desenvolvida e
homologado para a dixitalización do certificado de facturas (máximo 12 meses).
– Impresora de código de barras térmica 1D/2D.
– Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).
b) Programa e-commerce II (comerciantes retallistas con páxina web, con
ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I):
Dirixido á dixitalización avanzada do contorno comercial omnicanle a
través das seguintes actuacións:
– Implantación ou mantemento de páxina web con venda en liña. A páxina
web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.
– Melloras das ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).
– Loxística e-commerce, entendéndose como o servizo de transporte para
envíos en liña, que deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.
– Xestor de redes sociais, que deberá cumprir os requisitos que figuran
no anexo IV.
– Imaxe dixital.
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
2. Liña de innovación comercial.
a) Programa
smart retail (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa
ecommerce I e, no seu caso, páxina web con venda en liña):
Dirixido á
transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das
seguintes actuacións:
– Etiquetado electrónico para lineais de
venda.
– Sistemas de click and collect e lockers
dixitais.
– Terminais de autopagamento para a clientela
(self check out).
– Tecnoloxía de control de stocks e
tecnoloxía RFID.
– Software para a xestión loxística do
e-commerce.
– Solucións de ciberseguridade.
– Asistentes virtuais e sistemas dixitais
interactivos (chatbots).
– Aplicacións para dispositivos móbiles
(m-commerce).
– Aplicacións de realidade virtual e
aumentada.
b) Programa
visual merchandising (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa
e-commerce I):
Dirixido á
mellora da experiencia de compra, a través das seguintes actuacións:
– Escaparates virtuais con ou sen interacción
coa clientela.
– Pantallas e tótems publicitarios con ou sen
interacción coa clientela.
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
3. Liña de
modernización comercial.
a) Programa
eficiencia:
Dirixido á
mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos, a través das
seguintes actuacións:
– Portas automáticas con sensores de
proximidade.
– Sistemas de iluminación enerxeticamente
eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces.
– Sistemas de climatización enerxeticamente
eficientes.
b) Programa
reforma:
Dirixido á
mellora da imaxe do local, a través das seguintes actuacións:
– Obras de acondicionamento e reforma da
superficie de exposición e venda do establecemento comercial.
– Actuacións de mellora da fachada e
instalación de rótulos do establecemento comercial.
– Adquisición de mobiliario auxiliar
destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de mobiliario expositivo
de produtos que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e
de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
– Sistemas de videovixilancia dixital cun
investimento máximo subvencionable de 250,00 €.
c) Programa
equipamento:
–
Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade
comercial que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en concreto,
maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa
cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal,
así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación
externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial, que
melloren o deseño e a calidade do produto final.
A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
Actuacións subvencionables para obradoiros artesáns
1. Liña de
dixitalización comercial.
Establécense
dous programas de e-commerce en función do grao de dixitalización, que son
incompatibles e excluíntes entre si.
a) Programa
e-commerce I (obradoiros artesáns sen páxina web):
Dirixido á
dixitalización básica do contorno comercial omnicanle. Supón obrigatoriamente a
realización do conxunto das seguintes actuacións:
– Implantación de páxina web sen venda en
liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no anexo IV.
– Hardware (sistema TPV ou tableta).
– Software de pagamento adaptado á actividade
comercial desenvolvida (máximo 12 meses).
– Ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS).
b) Programa
e-commerce II (obradoiros artesáns con páxina web, con ou sen venda en liña,
que teñan implantado o programa e-commerce I):
Dirixido á
dixitalización avanzada do contorno comercial omnicanle a través das seguintes
actuacións:
– Implantación ou mantemento de páxina web
con venda en liña. A páxina web deberá cumprir os requisitos que figuran no
anexo IV.
– Melloras das ferramentas de posicionamento
dixital (SEO, SEM, ADS).
– Loxística e-commerce, entendéndose como o
servizo de transporte para envíos en liña, que deberá cumprir os requisitos que
figuran no anexo IV.
– Xestor de redes sociais, que deberá cumprir
os requisitos que figuran no anexo IV.
– Imaxe
dixital.
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
2. Liña de
innovación comercial.
a) Programa
smart retail (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o
programa e-commerce I e, de ser o caso, páxina web con venda en liña):
Dirixido á
transformación dixital da tenda física, a través das seguintes actuacións:
– Etiquetaxe electrónica para lineais de
venda.
– Sistemas de click and collect e lockers
dixitais.
– Terminais de autopagamento para a clientela
(self check out).
– Tecnoloxía de control de stocks e
tecnoloxía RFID.
– Software para a xestión loxística do
e-commerce.
– Solucións de ciberseguridade.
– Asistentes virtuais e sistemas dixitais
interactivos (chatbots).
– Aplicacións para dispositivos móbiles
(m-commerce).
–
Aplicacións de realidade virtual e aumentada.
b) Programa
visual merchandising (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado
o programa e-commerce I):
Dirixido á
mellora da experiencia de compra na tenda física, a través das seguintes
actuacións:
– Escaparates virtuais con ou sen interacción
coa clientela.
– Pantallas
e tótems publicitarios con ou sen interacción coa clientela.
En todo
caso, as actuacións comprendidas no programa visual merchandising deberán
situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión
de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á
elaboración destes contidos.
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
3. Liña de
modernización comercial.
a) Programa
eficiencia (obradoiros artesáns con tenda física):
Dirixido á
mellora da eficiencia enerxética da tenda física, a través das seguintes
actuacións:
– Portas automáticas con sensores de
proximidade.
– Sistemas de iluminación enerxeticamente
eficientes e sensores de presenza para a regulación automática de luces.
– Sistemas
de climatización enerxeticamente eficientes.
b) Programa
reforma (obradoiros artesáns con tenda física):
Dirixido á
mellora da imaxe da tenda física, a través das seguintes actuacións:
– Obras de acondicionamento e reforma da
superficie de exposición e venda do establecemento comercial.
– Actuacións de mellora da fachada e
instalación de rótulos do establecemento comercial.
– Adquisición de mobiliario auxiliar
destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de mobiliario expositivo
de produtos que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e
de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
– Sistemas
de videovixilancia dixital, cun investimento máximo subvencionable de 250,00 €.
c) Programa
equipamento (obradoiros artesáns con ou sen tenda física):
–
Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade
comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en
concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación
externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou
artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de
fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade
comercial ou artesanal, que melloren o deseño e a calidade do produto final.
A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
Para máis
información podes acceder no seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240202/AnuncioG0692-110124-0004_gl.pdf