UNHA NOVA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN COMERCIAL CHEGA AO COMERCIO DE REDONDELA.
BLACK FRIDAY 2018
O venres 23 de novembro o comercio abrirá as súas portas con grandes descontos durante toda a xornada. A novidade desta campaña será a potenciación das vendas cruzadas. Por calquera compra superior a 10€ o cliente será agasallado cun boleto con descontos e promocións noutras tendas ou establecementos hostaleiros.
Estos boletos terán unha valided limitada ata o 15 de decembro.
Os establecementos participantes serán identificados con carteis, os productos en promoción tamén serán identificados con grandes etiquetas indicativas dos descontos. Adicionalmente tamén contarán unha decoración especial para esta xornada.
A participación é coordinada pola Asociación de Empresarios de Redondela.
Etiquetado como
#BLACK FRIDAY #REDONDELA