BANNER-WEB-SOMBRA-ALTO-NUEVO-unha-semaniña-enteria.png

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

Únete ao reto e fala galego "Unha semaniña enteira"

A Asociación de Empresas de Redondela únese ao reto "unha semaniña enteira" impulsada polo departamento de Normalización Linguística do Concello de Redondela para impulsar que a xuventude empregue o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade, así cando vaian a facer calquera compra, consumo ou xestión nos establecementos da localidade tamén poderán atopar establecementos identificados coa chapa da campaña para seguir co reto de falar galego "UNHA SEMANIÑA ENTEIRA"