fichas-CAMIÑO-PORTUGUÉS.jpg

VISITA GUADA POLO CAMIÑO PORTUGUÉS AO SEU PASO POR REDONDELA

Servizo de Visitas Guiadas ofrecida POR MELLOR CON GUÍA




Redondela é o punto de encontro entre as dúas variantes do Camiño Portugués e, durante a nosa visita, faremos un percorrido polo trazado do Camiño pola nosa vila.

Empezando polo convento de Vilavella, punto de entrada a Redondela e acabando na capela de Santa Mariña, coñeceremos a historia de dúas vilas independentes que acabaron unidas nunha. Peregrinos ilustres, vestixios do pasado conserveiro e industrial, arquitectura popular e oficios tradicionais son algunhas das pezas do puzzle que conforman a parte histórica da nosa vila. 

ITINERARIO

Á hora acordada encontrarémonos no cruceiro situado na Praza de Ponteares para iniciar o noso percorrido polo trazado do Camiño Portugués pola vila de Redondela. Empezaremos pola historia do convento de Vilavella, localizado ao fondo da mesma praza, fundado no século XVI polo arcediago de Cerveira.

A continuación,  dirixirémonos á parte coñecida como o estreito onde iremos descubrindo restos do pasado industrial da nosa vila á vez que falamos da súa orixe, xa que nos atopamos neste momento na “Redondela orixinal”.

Tras admirar o Viaduto Vello e coñecer a súa historia, pasaremos por diante do pazo de Petán antes de adentrarnos na antiga zona amurallada.

Debido a ter sido a Vilanova unha zona menos industrializada, conserva aínda o encanto de edificios históricos en pé que iremos descubrindo á medida que avanzamos.

Unha vez chegados ó antigo alfolí, adentrarémonos no barrio da Esfarrapada, o barrio mariñeiro, e iremos percorrendo o antigo Camiño Real ata a capela de Santa Mariña, onde remata a nosa visita.



Consultar horarios de visitas




Outros lugares do camiño ao seu paso por Redondela