O primeiro fito que deu lugar a constitución da Asociación tivo lugar en Redondela o 16 de febreiro de 1985, na emblemática Cafetería Stop na que se deron cita Perfeto Cabaleiro Vidal, Celso Pérez González, Antonio Cutíns Táboas, Adolfo Durán Chamadoiro, Jose Carlos Crespo Piñeiro e Antonio Fernández González, levantándose aquel día a primeira acta na que se constituía a Asociación Local de Comerciantes de Redondela.
Non sería ata marzo de 1986 cando a entidade adquira personalidade xurídica e plena capacidade de obrar e, tan só un ano despois, en 1987, cando se cambie definitivamente a súa denominación e pase a chamarse ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA.
Actualmente, aglutina a un colectivo de case 400 empresas de distintos sectores e actividades do Concello de Redondela.
O 90% das empresas asociadas pertencen ao sector terciario.
Un 57% das empresas están xerenciadas por homes e un 43% por mulleres.